
Enderezo
Santa Eulalia Nantes Sanxenxo
GPS
42.427795990362, -8.8017939521703
Edificouse no 1965 no lugar onde houbo un templo románico. A capela é dunha soa nave e deseñouna o prestixioso arquitecto pontevedrés Daniel de la Sota. É un exemplo de arquitectura contemporánea con gran calidade de deseño. Recentemente, fíxose unha limpeza da pedra de granito e mellorouse a cuberta e mais o sistema de evacuación da auga da chuvia. Unha igrexa distinta que paga a pena visitar.