Ruta de Aldariz
6 km AMPLAS VISTAS DA RÍA DE PONTEVEDRA
HORARIO
Da fonte de Aldariz parte un camiño empedrado entre casas de arquitectura popular.
Un sinal indica o Con da Ventureira, afloramento granítico que lles servía de orientación aos mariñeiros.
De volta, o arboredo vai dando paso a unha matogueira, Chan da Gorita, con túmulos de 4000 anos a. C.
A ruta descende ata a Carballeira de Leirana. Baixando polo sendeiro hai unha fermosa vista da ría de Pontevedra e das Cíes ata a igrexa de Bordóns.