<
>
SANXENXO
Sanxenxo é unha vila situada na costa de Galicia, España. Está bañada polo Océano Atlántico é considerada a capital turística das Rías Baixas. A súa situación privilexiada confírelle unhas condicións climáticas excelentes, cunha temperatura media de 15ºC, así como un entorno cun encanto inigualable no que destacan as fermosas praias e os paisaxes naturais de gran beleza.
Os 44 Km² de extensión cos que conta o Concello de Sanxenxo están repartidos en sete parroquias (Adina, Bordóns, Dorrón, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga) cunha poboación aproximada de 17.100 habitantes, sendo as Vilas de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga os núcleos urbanos máis importantes.
Coñecido principalmente pola súa costa: 36 Km de litoral que se estende polas Rías de Pontevedra e Arousa. Ademais, conta con pequenas calas e 24 praias, 14 delas con Bandeira Azul, sendo desde o 2.004 o municipio con máis galardóns de toda España e o segundo de Europa.
Ó longo do tempo Sanxenxo converteuse nun referente do turismo en Galicia, e ademais ábrese ó resto do mundo grazas a que conta con fáciles accesos, xa ben por autopista ou por un dos aeroportos próximos (Vigo e Santiago). E por suposto o seu extraordinario Porto Deportivo Juan Carlos I, é para obrigatoria para moitos navegantes nacionais e estranxeiros.
Sanxenxo conta cunha ampla oferta hoteleira, as súas estupendas praias, o clima temperado, entre outros, foron os principais factores para que miles de visitantes elixisen a Sanxenxo como o seu destino turístico. Este gran incremento do sector turístico levou consigo o desenvolvemento dunha ampla e variada oferta que se axusta as necesidades e esixencias de todo tipo de público.
Neste apartado poderá encontrar moitos dos aloxamentos que se distribúen por todo o Concello de Sanxenxo. Aquí poderá encontrar hoteis, pensións, cámping…
RESTAURANTES
Sanxenxo ofrece unha ampla e variada gastronomía. A maioría dos mariscos e pescados son capturados nas súas costas e de aí chegan directamente ás prazas de abastos e restaurantes. A experiencia dos restauradores fai que cada un aporte ós seus pratos o seu propio toque persoal, conseguindo así pratos únicos. Ós mariscos e pescados temos que sumarlle tamén as estupendas verduras e hortalizas, cultivadas nas hortas do municipio, que xunto coas carnes conforman un delicioso complemento. Ademais hai que sinalar que Sanxenxo forma parte das Rías Baixas, e por tanto, moito do viño albariño denominación de orixe Rías Baixas, procede dos viñedos do municipio.
E despois de coñecer as posibilidades que ofrecen os produtos da terra á gastronomía local, queremos mostrar os recunchos nos que desfrutar dun bo manxar.
"SANXENXO, MÁIS ALÁ DA TÚA IMAXINACIÓN"
ACTUALIDADE
Alumnos del Grado de Turismo de la Escuela de Turismo de A Coruña visitan Turismo de Sanxenxo.
14 de noviembre de 2018
Los alumnos del Grado de Turismo de la Escuela de Turismo se reunieron con el Concejal y la Coordinadora de Turismo de Sanxenxo en el obradoiro de Hostelería O Salnés. Los responsables de Turismo de Sanxenxo expusieron, ante los estudiantes, la situación actual de Sanxenxo y su evolución en los últimos años como municipio turístico de referencia. Los alumnos participaron con preguntas, y debatieron sobre temas de actualidad que afectan al sector del turismo.
Después el Obradoiro de Hostelería O Salnés ofreció una comida a todos los asistentes, y los alumnos completaron la jornada visitando otros lugares del municipio como A Lanzada y una bodega de Sanxenxo.

VISITA ALUMNOS GRADO DE TURISMO DE LA UNIVERSIDAD DE A CORUÑA
WORKSHOP
CONTACTO
Tel: (+0034) 986 720 285
Fax: (+0034) 986 721 293
Puerto Deportivo Juan Carlos I
36960 Sanxenxo
info@turismodesanxenxo.com
Horario Inverno:
de martes a sábado de 9:30h a 14:00h E de 16:00h a 19:00h