Detrás da Lanzada, no Vao, empeza a ría de Arousa, un litoral distinto aos cantís da ría de Pontevedra, de augas pouco profundas e dunha gran riqueza biolóxica. Destacan as lagoas de Rouxique, hábitat de numerosas aves na primavera e no outono.
Ver másUn paseo de madeira desde o centro da praia conduce pola marxe esquerda ata a punta de Festiñanzo, onde a ría alcanza o seu máximo ancho (7 km). En fronte, Bueu.
Ver másParte do espigón do porto de Sanxenxo, continúa polo paseo de Silgar, o parque de punta Vicaño, a praia de Baltar, o porto pesqueiro de Portonovo e o miradoiro de Caneliñas con "A peixeira", homenaxe ás vendedoras de peixe.
Ver másPola marxe dereita da praia de Canelas chégase á punta Cabicastro, que se ergue impoñente e dominadora sobre a ría de Pontevedra.
Ver másBordeando a punta da praia de Paxariñas cara á dereita chégase a Montalvo, un dos areais máis espectaculares da ría de Pontevedra.
Ver másPercorre punta Montalvo e as praias de Bascuas e Pragueira onde hai un banco coa inscrición “Grazas pola vida”, que colocou Manuel en agradecemento ao seu veciño Daniel que lle salvou de morrer afogado. As súas vistas son outra boa razón para dar “grazas pola vida”. O sendeiro continúa pola…
Ver más